23/1/18

PROMOCIÓN PATRULLA VERDE

PROMOCIÓN PATRULLA VERDE from Bibliocovas on Vimeo.

Os alumnos de 2º de Educación Primaria, motivados pola iniciativa “mensaxe nunha botella”, decidiron formar a Patrulla verde. Un grupo de alumnos e alumnas que vixiarán que se manteña limpo o patio e se recicle correctamente. Para animar ao resto dos nenos e nenas do colexio a formar parte dela gravaron este anuncio publicitario que foi todo un éxito. Agora xa son máis de 100 membros, que patrullarán á hora do recreo a partires do vindeiro 1 de febreiro.

No hay comentarios: