4/1/18

MERCADILLO SOLIDARIO EN DOMUSVI- OS DE 6º IMOS DE COMPRAS

O día 14 de decembro fumos ata a Residencia de Maiores Domusvi (antes Geriatros) onde se celebrou un Mercadillo Solidario a favor da Cruz Vermella para comprar xoguetes que recibirán os nenos e nenas que non teñen recursos.
Os nenos e nenas do centro dende Infantil ata 6º de primaria fixeron  manualidades para vender no mercadillo. Houbo moita variedade: postais de Nadal, bolsas para agasallos, colgantes, caixas de regalo, imáns feitos con pinzas, bolas de neve, estrelas, coronas... todo feito con moita ilusión para colaborar nunha acción tan fermosa.

No mercadillo solidario en DomusVi from Bibliocovas on Vimeo.

Ademais os nenos e nenas de 6º estiveron aforrando para ser solidarios. Despois de visitar o Mercadillo aproveitamos para entrar nun supermercado do barrio. Cos cartos que aforraron na compra de chuches, mercamos alimentos non perecedeiros (legumes, pasta, café...) para dar a Cáritas cara á campaña de Nadal. Pasámolo moi ben facendo as compras e imos seguir aforrando para colaborar en causas solidarias.
OS/AS DE 6º IMOS DE COMPRAS SOLIDARIAS from Bibliocovas on Vimeo.

No hay comentarios: